AgrifarmXallas
Reparación e venda de maquinaria agrícola
Dende 2023 ao servizo do rural galego
AgrifarmXallas SL., situada en Mazaricos, é unha empresa líder na distribución e venda de maquinaria agrícola e todo tipo de apeiros agrícolas. Aínda que somos unha empresa dirixida por xente nova, a nosa formación e experiencia garanten un coñecemento profundo e un compromiso continuo coa innovación e o servizo personalizado.
A nosa empresa
COÑECE A NOSA HISTORIA:
Tras máis de 15 anos de experiencia no sector da reparación de maquinaria agrícola, en 2023 decidimos dar o paso e abrir AgrifarmXallas, o noso taller de reparación de maquinaria agrícola multimarca, en Mazaricos.
Desde entón realizamos reparacións, mantementos e compra-venda de calquera tipo de maquinaria agrícola, tanto no taller como a domicilio.
O noso obxectivo é garantir que toda a súa maquinaria estea en condicións óptimas, permitíndolle realizar o seu traballo de forma axeitada, continua e eficiente.
O QUE NOS FAI DIFERENTES
Ampla cobertura en toda a comarca do Xallas e arredores
Ofrecemos solucións adaptadas ás necesidades agrícolas e gandeiras da provincia da Coruña
Innovación Constante
Mantemonos á vangarda da tecnoloxía agrícola, garantindo que os nosos clientes teñan acceso a maquinaria moderna e aos últimos avances en reparacións.
Relación calidade-prezo
Resposta rápida
Xestionamos as túas consultas e necesidades de pezas de reposto rapidamente, minimizando os tempos de espera e mantendo a túa produtividade.
Soporte técnico especializado
OS NOSOS VALORES
Calidade
Traballamos cos mellores materiais e cos máis altos estándares.
Prezo
Axustamos as marxes para poder ofrecerche prezos xustos.
Seriedade
Cada máquina é unha responsabilidade que asumimos con rigor técnico.
Profesionalidade
Contamos con profesionais dedicados e formados.
Taller Móvil
En AgrifarmXallas dispoñemos de vehículos totalmente equipados para reparar calquera tipo de avaría e podemos desprazarnos a calquera hora do día.
Conta con nós, podemos axudar!
AgrifarmXallas
Reparación e venda de maquinaria agrícola. Desprazámonos ao lugar da avaría e reparámola no lugar.
Sección Xurídica
Aviso Legal
Política de Cookies
Política de Privacidade
Declaración de Accesibilidade
Copyright 2025 © Todos os dereitos reservados. | Design by PcPlus
